5 programas da TVG que o están bordando nos ránkings de audiencia

Os programas emitidos actualmente Televisión de Galicia son, dende hai moito tempo, líderes de audiencia en cadansúa franxa horaria entre as televisións autonómicas. Recompilamos algúns dos programas de máis éxito para que gocedes durante a semana.

  • Sabadeando

Magazine emitido en directo na Televisión de Galicia os sábados pola tarde. Presentado por Lucía Rodríguez e Adrián Díaz, que achegarán cada semana música, xogos, humor e conexións en directo con colaboradoras como Fátima Pego, Tania Veiras ou Fátima Mella para non perder nin un segundo dos acontecementos festivos que teñen lugar en Galicia.

  • Luar

Programa musical da Televisión de Galicia emitido en directo os venres pola noite e presentado, actualmente, por Xosé Ramón Gayoso e Trisha Fernández. É un dos grandes éxitos da cadea, sendo líder de audiencia na súa franxa horaria e cunha especial relevancia na audiencia entre os galegos emigrados a través de Galicia TV. É o segundo programa máis lonxevo da historia da televisión en España ao levar 28 años en antena, solo por debaixo de Informe Semanal de TVE, que leva 46 años en antena. Conta con actuacións de grupos tradicionais, bandas de música, orquestras, artistas do panorama musical actual tanto español como internacional, humor, seccións como os ‘Recanteiros’ onde un representante de cada zona de Galicia canta para gañar a edición da tempada.

  • Land Rober Tunai Show

Programa de humor e entretemento que se emite os xoves pola noite e o cal presenta Roberto Vilar e conta con Eva Iglesias tamén como cómica. Habitualmente reciben a visita doutros cómicos galegos como Luis Zahera ou Víctor Fábregas. Dende 2021 uniuse á equipa do programa o actor galego Miguel Canalejo, visto antes en series como Serramoura ou Método Criminal. Tamén colabora asiduamente o actor Antonio Garrido.

  • Malicia Noticias

Trátase dun noticiario de humor, unha comedia informativa que analiza a actualidade dun xeito moi diferente. Programa conducido por Arturo Fernández, e tamén composto por Noelia Rey, Pepe Capelán, Lucía Veiga e Brais Doval que se emite nas noites de domingo a mércores.

  • Atrápame se podes

O formato do concurso chegou á TVG no ano 2021 e é presentado por Paco Lodeiro e consiste en superar seis fases de preguntas e eliminar a rivales. Emítese de sábado a mércores pola noite e cada semana cambian os concursantes, que compiten día a día por levar o bote final.

Todos os episodios de cada programa pódense ver na web da CRTVG.

Etiquetas:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *