Saltar ao contido

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia reinvéntase un ano máis

Non é noticia que cada ano a MIT, no concello ourensán de Ribadavia arrase, e este ano non podía ser menos. A capital do Ribeiro reinvéntase un ano máis para levar a cabo a 37ª edición da Mostra Internacional de Teatro, dirixida de novo por Roberto Pascual, docente na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia.

https://drive.google.com/uc?export=view&id=1T3_Mt6aPVSjwYEsDFGNayvgfzYtQUJEp

É destacábel a superación da equipa ante esta derradeira etapa que está a vivir a cultura galega. Xa o demostraban o ano pasado cando, a pesares da situación que nos tocaba vivir por mor da COVID-19, o Concello de Ribadavia apostou pola cultura segura e decidiu seguir adiante coa programación. Foi un total exemplo de responsabilidade e seguemento das medidas de seguridade para todos os eventos tanto a nivel autonómico como a nivel nacional. 
Entre as numerosas obras e compañías de teatro que visitan a vila pola 37ª Edición da MIT, que deu comezo o pasado día 16 de Xullo e rematará o vindeiro 25 de Xullo, destacan por exemplo a compañía galega Voadora coa obra “Othello“, a andaluza Atalaya con “Rey Lear” ou unha das obras máis coñecidas como é “A Lingua das Bolboretas” da compañía ourensá Sarabela Teatro, que en tantas ocasións nos conquistou. As entradas están á venda tanto na mesma Casa da Cultura de Ribadavia como vía online en ataquilla e o programa de man con todas as funcións, horarios e información pode verse aquí.

O certo é que a cultura segue sendo segura e dende o Concello de Ribadavia e a equipa da MIT apostan por ela, polo teatro e pola arte. Non podemos esquecer a situación na que nos atopamos e as medidas de seguridade que debemos cumprir: máscara en todo momento durante todas as funcións, distanciamento de seguridade xa estipulado pola organización e desinfección de mans antes de entrar.

Etiquetas:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario