A próxima cita no Son do Camiño: Ara Malikian

Un dos festivais galegos que máis visitas recibe, tanto de público como de artistas, é o Son do Camiño. Cada ano o Monte do Gozo da cidade de Santiago de Compostela acolle a milleiros de persoas para desfrutar dos espectáculos que, artistas como Vetusta Morla, Izal ou Raphael, ofrecen.

Este ano, por mor da COVID-19, o festival reinvéntase en formato ciclo de concertos para brindar cada día un espectáculo con todas as medidas de seguridade (distanciamento, público sentado, máscara obrigatoria, desinfección do espazo, etc) chamado Perseidas.

Fotografía: O Son do Camiño

O festival comezou o pasado día 14 de xullo e alongarase ate o 18 do mes de agosto. Despois do éxito na venda de entradas, esgotadas en algúns dos shows como Camilo e quedando as últimas en, por exemplo, Izal ou Melendi, o Son do Camiño convértese nun dos destinos máis seguros que escollen os galegos e non galegos que se achegan aos concertos.

O amplo cartaz permítenos desfrutar de todos os estilos musicais dende indie, latino ata o máis clásico coa súa próxima Ara Malikian. O vindeiro xoves 22 de xullo poderemos ver ao violinista libanés presentando o seu novo disco Petit Garage enriba do escenario a partires das 20:00h. As entradas aínda están dispoñibles pinchando aquí.

Fotografía: Anton Colbijn
Etiquetas:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *