A xira ‘Vibra Mahou’ levará á cantante Zahara co seu novo traballo ‘Puta‘ por 17 cidades españolas, das cales fará parada nas galegas Vigo e Santiago de Compostela.
A cantante de Xaén publicou o seu último álbume ‘Puta’ o pasado 30 de abril do 2021. Está composto por 11 temas totalmente autobiográficos, según afirma Zahara, e o título débese a que ela mesma quere que, ao escoitar o nome do disco sintamos esa incomodidade que sinten as mulleres cando se refiren a elas con ese insulto.
Son varios xa as localizacións onde Zahara presentou os seus temas, ademais de recordar grandísimos éxitos como foi ‘Con las ganas’, soltando un discurso entre cancións do máis reivindicativo referíndose ás “bestias” que hoxe en día atopamos na sociedade entre elas o partido de extrema dereita Vox, os que esixiron a retirada dun dos seus carteis promocionando a xira porque “era unha ofensa extrema á imaxe da Virxe” ademais de que “moitas persoas poderían sentirse ofendidas” ao ver á cantante vestida con roupa como a Virxe cun neno en brazos.
A súa xira ‘Puta gira’ fará unha parada na capital galega Santiago de Compostela o día 13 de novembro na sala Malatesta e o día 27 en Vigo na sala Rouge. As entradas están xa á venda na súa páxina web para todas as cidades confirmadas.