Andrea Costas presenta a súa obra ‘Desapego’ no MARCO de Vigo

Andrea Costas Lago, artista e docente nada en Vigo no ano 1978, desenvolve a súa labor creativa utilizando diversas linguaxes. A súa obra abarca eidos como a videocreación, a instalación, a performance ou a fotografía.

A súa persoal narrativa adoita tratar temas tan cotiás coma universais dende unha perspectiva emocional e psicolóxica. Desapego é o resultado dun proceso de investigación e traballo de varios anos: unha toma de conciencia sobre a maternidade, unha visión en primeira persoa a través da arte.

ANDREA COSTAS LAGO. Desapego
Desapego. Andrea Costas Lago

Afastada de convencionalismos e idealizacións, no ronsel da obra doutras mulleres como a poeta Adrienne Rich ou a artista Ana Álvarez-Errecalde.

O proxecto está integrado por un conxunto de pezas (imaxes fotográficas, vídeos e instalacións) nas que a artista reflexiona sobre a experiencia da maternidade propia dende un punto de vista non idealizado, deixando constancia das contradicións e desafíos que supón esta oportunidade ofrecida pola vida para cuestionarse e medrar.

Andrea Costas Lago

A obra estará dispoñible no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo a partir do día 7 de febreiro ata o vindeiro 2 de xullo do 2023 na Galería e sala perimetral B1, no 1º andar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *