As Tanxugueiras seguen a colleitar éxitos co seu novo tema ‘Figa’

O grupo galego Tanxugueiras segue a colleitar éxitos co seu novo sinxelo ‘Figa‘, un tema que estreaban o pasado nove de xullo e que xa conseguiu máis de 50.000 reproducións co seu videoclip no YouTube e máis de 25.000 no Spotify.

O certo é que despois do seu disco ‘Contrapunto‘ ou o seu anterior tema ‘Midas‘, que xa supera as 290.000 escoitas tanto no YouTube coma no Spotify, estas tres rapazas galegas teñen o éxito asegurado. 

‘Figa’ é o nome do amuleto contra o mal de ollo e o tema fala da capacidade e forza das mulleres para loitar contra o patriarcado, envexas e críticas da sociedade. No seu anterior sinxelo ‘Midas’ xa viamos ritmos electrónicos mesturados coas melodías tradicionais das pandereteiras; algo que nunca pensaramos escoitar xunto. 

Fotografía: tanxugueiras.com

O que estas tres mulleres teñen claro é que queren seguir apostando pola renovación da música en galego e espallala por todo o mundo. Ademais de facer referencia a temas da actual sociedade, tamén fan fincapé nos temas do pasado como por exemplo a caza de bruxas á que foron sometidas as mulleres séculos atrás. Isto é visible tamén nos seus videoclips, nos que aparecen elementos representativos como a flor da xesta ou os sapos (videoclip de ‘Figa’)

Empoderamento, sororidade e valentía feminina son os tres mandamentos que Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro queren levar por todo o mundo, ademais do galego. 

Despois de escoitar estes temóns e das ganas que temos dun concerto, queremos escoitalas en directo. Onde? As súas próximas datas son:

– 20 de Xullo: La Mar de Músicas. Cartagena (Murcia)

 25 de Xullo: Festas patronais de Moraña 

– 7 de Agosto: Campo da Feira da Picota, Mazaricos 

– 19 de Agosto: Festival Terraceo, Auditorio Mar de Vigo (Vigo) Con Kiko Veneno

Poderedes atopar o resto das datas na súa web

Etiquetas:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *