A música do cantante Berto aterra este venres día 8 de abril na Sala Capitol de Santiago de Compostela para presentar o seu novo disco “Viaxe ao espazo interior“.
Este traballo, como xa adiantaba o músico, reflexa un tema tan importante como é a saúde mental a través de temas con ritmos novos como é o bolero, o cal non adoitamos ver en galego.

Tras o aprazamento do anterior concerto, o pontevedrés chega á Sala Capitol de Santiago de Compostela este venres día 8 de abril coa súa banda en directo no que poderemos escoitar o seu novo EP ‘Bailar Chikito’ xunto a Marinha Paz, unha voz fresca e onde recuperan estilos urbanos como a tecno-rumba.
Así mesmo, Berto marca unha transición entre o que foi o éxito de Verto e o seu seguinte traballo, que asegura que seguirá a liña do reguetón e a música máis comercial. Polo momento non poderemos ver de volta ao grupo que arrasou con Oie Gayego, pero sí poderemos cambiar unha letra e trasladarnos ao mundo interior de Berto.
As entradas inda están dispoñibles e poderán mercarse nesta ligazón.