Saltar ao contido

‘Cambia todo’, o novo do cantante Muerdo xunto ás Tanxugueiras

O cantante Muerdo presentaba hai uns días ‘Cambia todo‘, un adianto do seu próximo disco xunto ao grupo galego do momento que son as Tanxugueiras.

Portada ‘Cambia todo’ – Warner Music

‘Cambia todo’ é un tema que demostra que todo o que está ó noso arredor e, incluso nós mesmos, estamos en constante cambio, o cal non é nada malo. A canción invita a non perderse nada da vida, a ser conscientes dos cambios e lanzarse a novos desafíos e oportunidades. Ademais, é a primeira vez que escoitamos ás galegas cantar en castelán.

Youtube: MUERDO Música

O videoclip rodado en plano secuencia, é dicir, sen corte algún, mostran aos artistas tomando té na mesa dun patio.

Irá incluído no disco ‘10 años de Flores, Viento y Fuego’ onde o cantante repasará algunhas das mellores cancións da súa traxectoria xunto aos músicos que máis admira.

Por outra banda, non queremos falar delas como “as galegas que se presentan a Eurovisión”, inda que tamén, queremos falar delas como as mulleres galegas, empoderadas e loitadoras que levaron e están levando a música tradicional galega, así como a lingua, por todo o mundo; as Tanxugueiras, un grupo formado por Aida Tarrío, Sabela Maneiro e Olaia Maneiro que fusionan o tradicional galego co máis contemporáneo e que son as grandes favoritas para representar a España no festival europeo por excelencia como é Eurovisión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario