Saltar ao contido

Nathy Peluso, Love of Lesbian e demais artistas formarán parte do festival Caudal Fest

Os mesmos organizadores do festival de música que se celebra en Lugo xa o bautizaron como “a última gran festa do verán“. Non sabemos con certeza se será a derradeira, pero o que sí sabemos é que será moi especial esta terceira edición do Caudal Fest.

O festival celebrarase os vindeiros 16, 17 e 18 de setembro no Xardín do pazo de feiras e congresos de Lugo e xuntará no seu escenario a artistas do panorama musical internacional como Nathy Peluso o día 18 de setembro, cantante arxentina que coñecemos de sobra polos seus innumerábeis éxitos, entre eles “Mafiosa“, o seu último sinxelo ou “Calambre“, o último disco da cantante que supera xa as 132 millóns de reproduccións nas principais plataformas dixitais. Poderemos vela acompañada da artista española recoñecida a nivel internacional Bad Gyal, que fai unha mestura dos estilos musicais dancehall e trap. Un dos seus temas máis coñecidos como é “Fiebre” foi gravado estudos improvisados como casas de amigos.

Fotografía: https://www.caudalfest.es/

Contará tamén coa presenza de grupos recoñecidos no ámbito nacional español como A M.O.D.A o día 17 de setembro ou Love of Lesbian o día 16, os cales presentarán o seu novo álbume chamado V.E.H.N. (“Viaje épico hacia la nada”).

O festival tamén contará con presenza galega con artistas como Sen Senra, vigués de nacemento que foi crecendo e converténdose nun referente do pop español actual dende o lanzamento de “Sensaciones“, álbume publicado no 2019. Este ano publicou un novo traballo chamado “Corazón cromado”, que xa supera os 15 millóns de reproduccións e que presentará na cidade amurallada o vindeiro día 17 de setembro con grupos coma Tundra ou Shinova.

Seguindo coa presenza galega atopamos tamén a Iván Ferreiro, cantante vigués de indie español que comezou a cantar en pubs co seu irmán Amaro Ferreiro e deu o salto á fama coa banda de rock español Los Piratas. Poderemos escoitar a Iván o día 16 de setembro xunto a David Prado.

Etiquetas:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario