Saltar ao contido

O Carballiño presenta a 37ª Edición das Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia

A 37ª Edición das Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia terán lugar no concello do Carballiño do vindeiro 26 de xullo ao día 29 do mesmo mes. Recollerán un amplo programa de actividades á par que lecer para todo aquel seareiro do cinema.

A primeira actividade terá lugar o día 26 pola mañá no Auditorio Manuel María do Carballiño e tratarase dunha masterclass ofrecida polo director galego Alfonso Zarauza que, entre outros, dirixiu o filme Ons, que tamén se proxectará o mesmo día ás 23:00h na Praza da Vera Cruz.

Outros filmes de interese son Akelarre de Pablo Agüero, que se proxectará o martes 27 ás 19:00h no Auditorio Manuel María ou Non Matarás de David Victori o luns 26 ás 19:00h.

Ademais dun obradoiro infantil adicado ao cine, tamén contarán coa presenza do grupo musical galego do momento que está arrasando, Verto.

Toda a información e recollida de entradas para os eventos que o soliciten está nas súas redes sociais Facebook ou Instagram

Etiquetas:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario