O festival “Los40 Summer Live” de novo en Vigo e sen a penas representación galega

O festival da coñecida emisora Los40 chamado “Los40 Summer Live” leva numerosos anos visitando a nosa comunidade. Este ano 2022, despois dun parón por mor da pandemia, volve pisar Galicia e faino, unha vez máis, cunha soa cantante galega: Dani, unha viguesa que está triunfando alá por onde vai.

Cartaz de “Los40 Summer Live” en Vigo

Mañá día 3 de agosto a partires das 18:00h na Avenida de Samil pisarán o escenario artistas nacionais como Belén Aguilera, Marlon ou Leo Rizzi, entre outros. Novamente, logo de varias edicións, o festival non aposta por artistas galegos nin pola música en galego. Tan só unha artista do cartaz é galega: a viguesa Dani, que é unha das apostas do actual pop en español e filla dos membros de Aerolíneas Federales.

‘Si te vas’ – Dani

Unha vez máis non poderemos escoitar a nosa lingua nin a nosa música nos escenarios que visitan Galicia.

Ao día seguinte, o festival fará parada na cidade da Coruña, na praza de María Pita, e contará coas mesmas actuacións sumando a de Blas Cantó, ex-representante de España en Eurovisión e gañador do concurso de TV Tu cara me suena.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *