Saltar ao contido

O festival Revenidas 2021 acolle artistas galegos como Monoulious DOP ou as Tanxugueiras

O festival celebrado en Vilaxoán de Arousa os vindeiros días 9, 10, 11 e 12 de setembro acolle no seu cartaz artistas do talle das Tanxugueiras, Guadi Galego ou Verto.

Fotografía: https://www.revenidas.com/

As encargadas de dar comezo ao festival deste ano serán as Tanxugueiras, recoñecidas xa a nivel mundial por mesturar a música tradicional galega con novos ritmos electrónicos. Outra das artistas destacadas é Guadi Galego, quen leva todo o verán arrasando nos eventos aos que acude como o moi sonado “O Son do Camiño”, e que estará acompañada na sesión vermú dese día da coñecida Banda da Loba. Será pola noite cando poidamos ver a bandas coma Boyanka Kostova, a quenes tamén vemos en case todos os carteis e festivais do panorama musical galego.

O festival alongarase dende o día 9 de setembro ata o día 12 do mesmo mes no concello de Vilaxoán de Arousa. Ademáis de música, o evento acolle tamén gastronomía, cultura mariñeira, espectáculos de circo e os devanditos concertos.

O certo é que esta cita coa música é unha das máis importantes do calendario galego de festivais, ademáis dun dos máis lonxevos, xa que a súa organización leva dende o 2003 recolectando aos artistas máis destacábeis da industria musical.

A venda de entradas e abonos está dispoñible na súa páxina web así coma toda a información sobre o evento.

Etiquetas:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario