Saltar ao contido

O FICBueu da comezo con dúas semanas de cinema e actividades por diante

O Festival Internacional de Bueu, que se celebrará do 11 ao 24 de setembro, presenta a súa programación. A nova estrutura do festival divídese en varios apartados, estando a primeira semana reservada para as proxeccións das seccións competitivas, entre outras actividades.

Son moitos os traballos que se presentarán e as actividades que se van realizar. Por exemplo, destacamos a semana de curtametraxes, que dará comezo o día 11 ás 19h nun acto inaugural onde se estrearán as curtametraxes realizadas durante os meses anteriores coas asociacións Érguete de Vigo e Juan XXIII de Cangas.

O segundo día comezarán as proxeccións ata o venres 16 que será cando se exhibirán as curtas da Sección Descubertas. Logo tocará a primeira quenda da Sección Oficial, composta por unha selección das mellores curtametraxes internacionais.

FICBUEU • El FICBUEU presenta la 15ª edición del festival con una nueva  imagen y estructura •
FICBUEU 2022

A segunda semana será a denominada MiniFIC, a programación especial para a rapazada e os centros de ensino. Contará cunha duración de cinco días dende o luns 19 ata o venres 23. Comezará coas proxeccións da Sección Escolas Internacionais ás 11h, para dar pé ás proxeccións das curtas de Escolas de Imaxe e Son e Facultades Galegas, coa súa correspondente entrega de premios programada para a 13h.

O festival porá punto e final coa novidade da edición: as xornadas cinematográficas, un espazo para a reflexión sobre a arte do cinema que terá lugar o sábado 24. A entrada será de balde pero será preciso reservar praza. A apertura das xornadas correrá a cargo de José Manuel Mouriño, que dará unha clase maxistral sobre o tratamento do tempo nos seus filmes. Logo, as críticas de Caimán – Cuadernos de Cine Andrea Morán e Daniela Urzola terán unha conversa na que repasarán obras dalgúns cineastas relevantes no tratamento do tempo.

Na sección de tarde poderase asistir a unha mesa redonda en liña moderada pola docente Diana Ramahí na que participarán as cineastas e montadoras Diana Toucedo, Ana Pfaff e Carolina Astudillo, un encontro con Oliver Laxe conducido polo xornalista Ángel Suanzes e a proxección de Zerkalo de Andrei Tarkovski ás 21h.

Toda a información de reservas, filmes, etc na súa páxina web.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario