Saltar ao contido

O grupo galego ‘Verto’ sorprende con “Muinheira de Chantada” o día de Galiza

O grupo galego ‘Verto‘ sorprendía fai escasos minutos a todos os seus seguidores cun tema novo chamado Muinheira de Chantada”, onde fan unha versión renovada da coñecida muiñeira.

A pesares de que fai uns días que, nun dos seus shows, fixeran un adianto desta marabillosa sorpresa, os que non puidemos asistir a dito evento non nos esperabamos tal cousa. O grupo galego formado por Fer Peleteiro e Alberto Mira, estudantes de medicina na Universidade de Santiago de Compostela, facían eco nas súas redes sociais da súa reinterpretación da popular muiñeira composta por Antonio Fernández.

Fotografía: Instagram @vertotemazos

A pesares dos poucos minutos que leva o tema colgado, o grupo xa recibiu centos de mensaxes e tuits do seu público máis achegado por suposto, con boas críticas. O certo é que estes rapaces non merecen menos, arrasan aló por onde van e levan a súa música, que é unha mistura de trap, pop, electrónica e en ocasións reggaeton, por toda a Galiza e atreveríamonos a dicir que internacionalmente, xa que ollamos mensaxes dende outros puntos do mundo.

As portadas, moi características en todos os seus traballos, son deseñadas por Paulo Mourinho de Mundo X, toda unha marabilla visual que se combina co pracer auditivo que producen os seus temas.

Podedes escoitar o tema aquí e de seguro que agora tedes ganas de velos en concerto. Teñen varias citas, comezando esta semana polas terras ourensás do Carballiño, onde actuarán na clausura das Xornadas de cine e vídeo de Galicia.

Etiquetas:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario