Saltar ao contido

O XV Certame de Bandas de Música terá lugar en Celanova

O pasado día 22 de novembro tivo lugar na Deputación de Ourense a presentación do XV Certame Galego de Bandas de Música organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares.

Dito evento celebrarase no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova os vindeiros 3 e 4 de decembro e será a primeira vez que se celebre fóra de Santiago de Compostela. Nel participarán oito bandas, divididas en seccións por número de músicos e a entrada é gratuíta ata completar aforo.

FGBMP

O programa o sábado 3 de decembro contará coa participación das bandas da terceira sección:

– Ás 17:00h a Banda de Música Municipal de Caldas de Reis

– Ás 18:00h a Banda de Música Santádega, unha banda de recente formación no ano 2008

– Ás 19:00h a Banda de Música de Lourenzá, unha banda que se formou na pandemia i é a primeira vez que participan no certame

– Ás 20:00h a Agrupación Musical da Limia.

O programa do domingo 4 de decembro será o seguinte:

– A sección infantil terá lugar pola mañá. Ás 12:00h actuará a Chikiband (Agrupación Musical da Limia) e ás 12:30h a Banda de Música Infantil de Rubiós.

– A sección xuvenil será pola tarde. Ás 17:00h pisarán o escenario a Banda xuvenil da Escola de música de Silleda. Será ás 18:00h cando actúe a Banda Xuvenil de Celanova e ás 19:00h terá lugar o acto de clausura seguido da entrega de premios.

O xurado estará conformado por David Rivas, músico e compositor nado en Toro (Zamora), Francisco Ferreira e Kevin Houben, compositor nado en Peer (Bélxica)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario