O festival de música PortAmérica celebrado en Caldas (Pontevedra) tivo que pospoñerse o pasado ano por mor da COVID-19 pero volve os vindeiros 1 e 2 de outubro cun cartel do máis completo.

Renovados cunha nova imaxe e unha nova edición, o festival PortAmérica anunciou este mércores día 15 o cartel do que será a edición Origen, que terá lugar en A Azucreira de Portas (Caldas de Reis).
A novena edición do festival traerá consigo o venres día 1 a artistas como Novedades Carminha, La Duendeneta, Deluxe (concerto único), Le Punk (concerto único), Jenny & The Mexicats, Ortiga i Eladio y los Seres Queridos. Será o sábado día 2 cando poidamos ver no escenario a Xoel López, Vetusta Morla, Pablo Lesuit, La Duendeneta, Furious Monkey House e Tropical Jesus (Carlos Sadness).
Polo momento a organización do festival non deu máis detalles sobre as entradas, polo que teremos que estar moi atentos á súa páxina web para non quedarnos sen elas. Ademais da música, teremos gastronomía nun entorno idílico ateigado de natureza e ao aire libre. Non hai mellor combinación para despedir o verán que a mestura entre ritmo e cociña.
O evento desenvolverase cumprindo todas as medidas de seguridade vixentes, distancia de seguridade e máscara en todo momento.