O sector das orquestras de Galicia foi un dos máis golpeados pola pandemia da COVID-19. Tan só algunhas delas puideron saír este verán a facer verbena en cidades e pobos da comunidade ou, nalgúns casos, de todo o país.
Dentro da programación do Xacobeo 2021 ten lugar un festival de orquestras de verbena que xuntará en total a 48 das orquestras de Galicia.

Será nas principais cidades galegas (Ourense, Narón, Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, Pontevedra e Lugo) onde se celebrará este evento. Comezará este sábado 25 de setembro en Narón (Polígono Río do Pozo) coas actuacións de Los Satélites, Fania Blanco Show, Principal, Los Españoles, La Favorita, Tania Veiras e a orquestra Finisterre e en Santiago de Compostela (Cidade da Cultura) coas actuacións de París de Noia, Gran Parada, Capitol, Metrópolis, Atrévete, Galilea e Puzzle. (entradas esgotadas)
A Asociación de Empresarios da Música da Verbena Galega (Asevega) e a Asociación Galega de Orquestras (AGO) apuntan que este festival “é unha bocanada de aire moi grande”, xa que estaban nunha situación “moi dramática”. Un gran chanzo escalado hacia a normalidade que vivíamos antes da pandemia; verbenas de pé, sen mascarillas e aglomeracións. Aínda nos queda un pouco para alcanzala, pero non imos por mal camiño. Algúns dos expertos deixaron claro que no 2022 volverán as verbenas nos pobos.
O festival seguirá o domingo 26 nas cidades restantes:
- Ourense (Explanada Expourense): América, Claxxon, Gran Casino, La Ola ADN, Unión y Fuerza, Grupo Ritmo e Acordes
- Pontevedra (Pazo da Cultura de Pontevedra): Marbella, La Oca, Triunfo, Televisión, Samba, América SL e Fama
- A Coruña (Autoridade Portuaria da Coruña): Cinema, Deluxxe, Eureka, Essencia, Dilema, Stereo y Charleston
- Vigo (Peirao de Transatlánticos Vigo): Solara, Los Player’s, Aramio, Estrellamar, M3, Ritmo Joven e Magos
- Lugo (data sen confirmar): Costa Dorada, Arizona, Suavecito, Salsarena, Alma Latina, Lume, Tapyoka e Limón.
As actuacións comezarán ás 17:00h e o evento finalizará sobre as 00:00h. As entradas xa están dispoñibles nesta ligazón e son gratuítas.