Un libro que reúne a boa saúde da escena musical galega.
Noel Turbulencias é divulgador musical e está vinculado ao mundo radiofónico dende fai máis dunha década. Focaliza a súa pasión pola música para encargarse dos textos e a conceptualización da obra. Victoria Sánchez é a autora do libro “Murcia Loves Indie”, unha obra de características similares a “Galicia MusiCalidade” pero con artistas da rexión de Murcia. Nesta ocasión céntrase na parte visual do proxecto.
Por outra parte, o epílogo é escrito por Rodri Míguez, xornalista musical e creador de contido nas redes sociais, as que adica 100% ao contido musical.
“Galicia MusiCalidade” trátase dun libro ilustrado sobre a música contemporánea galega cuxo obxectivo é plasmar unha obra accesible e interesante tanto para os apaixoados da música como para todas aquelas persoas que se están iniciando na escena do noroeste peninsular.
Contará con máis de 100 páxinas a cor onde nos sumerxiremos na riqueza e diversidade musical que prospera na actualidade en Galicia. A través de contextualizar os artistas precursores e os principais movementos culturais, presentaremos ás bandas e solistas que abandeiran a escena galega na actualidade.
Dende os inicios do pop, a recuperación do folklore, a Movida Viguesa, o Rock Bravú, os movementos underground á actualidade.
O libro céntrase na música contemporánea con páxinas adicadas a Tanxugueiras, Grande Amore, Fillas de Cassandra, Baiuca, The Rapants, e moitos máis.
Este proxecto pode apoiarse mediante un crowdfunding na plataforma Verkami, onde se solventarán os gastos asociados á autoedición da obra. Posteriormente, o libro sairá á venda a través dunha páxina web e nas librerías e tendas afíns ao proxecto.