O coruñés Alex Pernas estréase no ano 2018 no mundo literario coa súa primeria novela “Xarfas“. Tamén é activo no ámbito musical participando en varias formacións como TST, Ad Intra ou Os Relámpagos de Nós, entre outras.
O autor edita este conxunto de 23 relatos nos que recolle textos onde se amosa o antes e o despois, ensinando as consecuencias que tería unha renda básica nas nosas vidas, sendo unha pequena estra ao mundo do mañá.
Navega dende a crítica social ata o misterio con personaxes de tódalas índoles e condicións. Continúa, dalgún xeito, coa liña de literatura social iniciada en Xarfas, os temas son actuais como os problemas aos que se enfronta o colectivo LGBTI, os desauzamentos ou o racismo, entre outros.
Alex pretende experimentar o máximo posible. Os relatos nárranse de varias formas, tanto en primeira e terceiras persoas como seguindo formatos de entrevista ou diálogo entre as personaxes.
O libro pode atoparse tanto en formato papel coma en dixital, ademáis de estar de forma gratuíta en formatos PDF, EPUB, MOBI e KPF. O idioma orixinal é galego, inda que pode atoparse tamén en castelán.